Inicio Galicia Un total de 40 estudantes do IES Frei Martín Sarmiento coñecen o...

Un total de 40 estudantes do IES Frei Martín Sarmiento coñecen o labor de control do medio mariño do Intecmar

0


O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) abriu esta semana as súas portas a 40 alumnas e alumnos de formación profesional de laboratorio clínico e dietética do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Na visita, os estudantes coñeceron os labores de control do Intecmar sobre as condicións oceanográficas, o fitoplancto, as biotoxinas mariñas, a contaminación química e os relacionados co eido microbiolóxico. Tamén coñeceron o traballo do centro no seguimento e control das patoloxías en moluscos bivalvos,Outras funcións que o persoal da dirección do Intecmar lle explicou aos estudantes son as relacionadas coa observación do océano e a loita contra a contaminación mariña accidental e os traballos de apoio científico e técnico que realiza este centro dependente da Consellería do Mar nas emerxencias marítimas. Esta visita realízase a iniciativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro ría de Pontevedra no marco do proxecto denominado Remuda Xeracional, Cal é o teu oficio?, que está a desenvolver para ensinar as distintas saídas profesionais vinculadas ao mar para os alumnos de 3º ESO, 4º ESO, 1º Bacharelato e formación profesional. O GALP solicitou a visita ao Intecmar logo de comprobar a través dunha enquisa o interese do alumnado do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra en coñecer o Intecmar e o seu labor.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre