Inicio Galicia Un total de 38 centros educativos de Galicia impartirán o STEMbach neste...

Un total de 38 centros educativos de Galicia impartirán o STEMbach neste curso 2020/21

0

Nove centros incorporan por primeira vez esta modalidade de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, que no pasado curso chegou a 558 alumnos

Un total de 38 centros educativos, nove dos cales son de nova incorporación, van impartir neste curso 2020/21 o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) que a Xunta de Galicia implantou por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, e que se foi consolidando neste últimos dous anos con 558 alumnos matriculados (o 52% deles mulleres).

Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital (Edudixital 2020), ten entre os seus obxectivos fomentar a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria e tendo en conta a perspectiva de xénero.

O STEMBach, que inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos da investigación e do método científico, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico. Facilita tamén a adquisición de competencias transversais, como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global; así como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na comunicación e divulgación científica, e nas competencias dixitais.

Os centros de nova incorporación ao STEMbach no curso 2020/21, que a vindeira semana se publicará no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, son os que seguen:

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

Nome do centro

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre