Inicio Galicia Un total de 316 persoas foron atendidas a causa do accidente ocorrido...

Un total de 316 persoas foron atendidas a causa do accidente ocorrido no concello de Vigo

0

Neste momento permanecen ingresados nove, 5 no Hospital Álvaro Cunqueiro e 4 en Povisa

Un total de 316 persoas foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais, a raíz do accidente ocurrido no Concello de Vigo, dos que 255 o foron en centros hospitalarios. Do total de atendidos, permanecen ingresados, neste momento, nove, 5 no Hospital Álvaro Cunqueiro (2 deles na UCI) e 4 en Povisa.

Por centros, 144 pacientes foron atendidos no Hospital Álvaro Cunqueiro, 33 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 69 en Povisa, 23 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 5 en El Castro, 1 en Concheiro, 2 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

Os recursos mobilizados para atender aos feridos foron 5 UVI, 12 ambulancias de soporte vital básico, 24 ambulancias de apoio, 3 ambulancias de Cruz Vermella, 2 equipos sanitarios do PAC, 3 vehículos de apoio loxístico e 1 vehículo de Protección Civil. Sinalar, ademais, que no lugar do accidente, o 061 instalou un posto de mando médico, un punto de triaxe inicial e un posto de carga de ambulancias.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PAC e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre