Inicio Galicia Un total de 31 empresas optan á construción do CEIP Novo Mesoiro,...

Un total de 31 empresas optan á construción do CEIP Novo Mesoiro, na Coruña

0

Esta obra supón un investimento de 4 millóns de euros

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018.- Un total de 31 empresas presentaron as súas ofertas para a construción do CEIP Novo Mesoiro, na Coruña, que entrará a funcionar no curso 2019/20. As obras foron licitadas pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) o pasado mes de xuño e agora ábrese o proceso para a adxudicación das mesmas. Esta nova infraestrutura educativa ocupará unha parcela de algo máis de 8.600 metros cadrados, no barrio de Novo Mesoiro, na parcela dos antigos hortos urbanos, e terá unha superficie útil construída de 3.100 metros cadrados. O colexio disporá de dúas unidades por cada curso, polo tanto, un total de 18 unidades, 6 aulas de infantil e 12 de primaria, cunha capacidade global de 450 alumnos. Así mesmo, disporá de dúas pistas polideportivas de 40×20 metros, unha delas cuberta; e cumprirá tamén con todos os requisitos de accesibilidade para o correcto uso e funcionamento do colexio.

O centro contará cunha aula de música, catro zonas de espazo educativo, unha aula de informática, unha sala de usos múltiples, un comedor e un ximnasio con vestiarios. Polo demais, o CEIP cumprirá con todos os estándares do máximo nivel en canto a equipamentos, espazos e superficies tanto exteriores como interiores para que a actividade docente poida desenvolverse do mellor xeito posible.

Leer más:  Rueda solicita a su nueva formación "responsabilidad, esfuerzo y compromiso" y agradece la labor de los conselleiros que se retiran

A construción deste centro é froito do compromiso da Consellería coa atención ás necesidades de prazas de escolarización nos núcleos con maior crecemento demográfico, como é o caso desta zona da cidade.  


- Te recomendamos -