Inicio Galicia Un total de 31 centros educativos de Galicia imparten o STEMBach no...

Un total de 31 centros educativos de Galicia imparten o STEMBach no curso 2019/2020

0

Duplícase o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, coa incorporación de 16 novos centros

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o compostelán IES Lamas de Abade, un dos centros educativos que este curso 2019/2020 comezan a impartir o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). En Galicia serán un total de 31 centros educativos, dos que 16 son de nova incorporación, os que conten con esta modalidade de Bacharelato, que se implantou por primeira vez en Galicia no curso 2018/19 como experiencia piloto. O pasado curso un total de 200 alumnos de 15 centros educativos cursaron estas ensinanzas.

Pomar salientou a oportunidade que esta iniciativa supón para o alumnado, dado que lle permite achegarse a un modelo educativo máis apegado á Universidade. Así mesmo, amosouse satisfeita polo feito de que o ano pasado a porcentaxe de rapazas que cursou estes estudos foi do 50%, igualada polo tanto coa de homes. Tal e como sinalou, isto supón avanzar de xeito satisfactorio nun dos principais obxectivos da estratexia STEM do seu departamento: fomentar as vocacións científico tecnolóxicas de xeito especial entre as mulleres.

Os centros de nova incorporación ao STEMbach no curso 21019/20, tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia onte, son os que seguen:  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre