Inicio Galicia Un total de 3.116 menores de 21 anos da provincia de Ourense...

Un total de 3.116 menores de 21 anos da provincia de Ourense e da área de Pontevedra viaxan de balde no autobús interurbano coa tarxeta ?Xente Nova' un mes despois da implantación do dispositivo

0

Trátase da primeira fase da ampliación territorial do plan social de fomento do transporte público da Xunta, que prevé o seu desenvolvemento progresivo ata acadar o conxunto de Galicia


Un total de 3.116 menores de 21 anos das provincias de Ourense e da área de Pontevedra poden viaxar xa de balde no autobús interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’ un mes despois da implantación deste dispositivo.

A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos. O pasado 1 de xaneiro ampliouse a cobertura do dispositivo ata os menores de 21 anos e, o pasado mes de xuño, a Xunta puxo en marcha este dispositivo na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.

Trátase da primeira fase da ampliación territorial no transporte público dependente da Xunta, no marco da renovación integral das liñas de transporte público interurbano de Galicia, que se desenvolverá de forma progresiva ata acadar o conxunto da comunidade.

Máis en detalle, con este dispositivo xa se están a beneficiar da gratuidade do transporte 1.004 menores de 21 anos da provincia de Ourense, encabezando o número de usuarios os mozos e mozas da capital, con 497 dispositivos, seguidos dos seus veciños de Barbadás, con 229. Nesta lista, séguenlle os usuarios dos municipios de Xinzo de Limia (58), O Pereiro de Aguiar (30), Verín (27), Allariz (26), Toén (20) e Celanova (12).

Nesta provincia, o número de viaxes realizadas na segunda quincena de xuño polos novos usuarios da tarxeta ‘Xente Nova’ sumaron as 211, sendo os traxectos máis utilizados entre Barbadás e Ourense, e viceversa, cun total de 111 viaxes.

Pola súa banda, nos concellos da área de Pontevedra, o número de tarxetas ‘Xente Nova’ expedidas ata o momento, ascende ata as 2.112, das que 1.190 son da cidade de Pontevedra e 568 mozos e mozas menores de 21 anos de Marín. Nesta listaxe da procedencia de usuarios que viaxan xa de xeito gratuíto con este dispositivo, séguelle Poio (108), Sanxenxo (93), Bueu (49), Barro (32), Campo Lameiro (30), Moraña (17), Ponte Caldelas (13), Vilaboa (8) e Cerdedo-Cotobade (4).

As viaxes realizadas durante a segunda quincena de xuño co dispositivo ‘Xente Nova’ nesta área suman un total de 1.590. O maior número de viaxes realizadas de ida e volta correspóndese cos traxectos de Pontevedra cara á Marín e viceversa (728), Sanxenxo (507), Bueu (87) o Poio (36).

Tarxeta TMG A implantación total do Plan de Transporte Público está a permitir estender ademais ao conxunto dos usuarios do autobús interurbano da provincia de Ourense e da área de Pontevedra as vantaxes da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMG), cun 10% de desconto en todas as viaxes.

Neste sentido, no primeiro mes de extensión da tarxeta de Transporte TMG, expedíronse na provincia de Ourense un total de 834 dispositivos e na área de Pontevedra estes dispositivos acadan xa os 1.671 usuarios.

Deste xeito, coincidindo coa posta en funcionamento destes novos contratos, os usuarios das liñas destas áreas teñen tamén á súa disposición un novo bono de ata 50 viaxes mensuais, independentemente de que sexan de ida ou de volta, que supón un desconto do 50% do custo de cada unha das viaxes sobre a tarifa das empresas.

A posta en marcha do Plan de Transporte Público en Galicia, no que a Xunta vai investir máis de 70 millóns de euros ao ano para o seu mantemento, inclúe máis paradas e mais servizos e tamén supón aplicar unha tarifa homoxénea en toda Galicia. É dicir o custo do percorrido por quilómetro será igual en toda Galicia, de aí que as tarifas varíen segundo o número de quilómetros dos traxectos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre