Inicio Galicia Un total de 28 empresas preséntanse á licitación para subministrar equipamento electromédico...

Un total de 28 empresas preséntanse á licitación para subministrar equipamento electromédico a centros de saúde do Sergas

0

Cun orzamento de 4 millóns de euros, trátase dunha das medidas a curto prazo comprometidas no Plan Galego de Atención Primaria


Un total de 28 empresas presentáronse á licitación para á subministración do novo equipamento electromédico destinado a centros de saúde do Sergas. Este equipamento é unha das medidas a curto prazo comprometidas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 recentemente aprobado. O Plan foi elaborado coa participación e colaboración de profesionais, cidadanía, outras administracións, así como asociacións de pacientes, sindicatos, sociedades científicas e colexios profesionais.

O Sergas vai destinar un total de 4.028.695 euros a esta licitación distribuída en tres lotes para este ano 2019. O primeiro dos lotes está destinado á contratación de 475 aparatos de electrocardiografía, o lote 2 está destinado a 261 desfibriladores, e o lote 3 destínase á contratación de 27 ecógrafos.

Con este investimento, cúmprese o compromiso adquirido no marco de Plan de Atención Primaria de renovación de equipamento e material de diagnóstico obsoleto dos centros de saúde así como a dotación do equipamento necesario. Así, este expediente inclúe a renovación dos equipos de electrocardiografía dotados cun módulo de integración cos sistemas corporativos do Servizo Galego de Saúde, o que permitirá que o especialista poida acceder de forma directa aos datos do electrocardiograma. Este modo de traballo permitirá un diagnóstico máis preciso evitando o desprazamento de pacientes á atención especializada.

Con respecto dos desfibriladores, entre as especificacións técnicas solicitadas destacan que os equipos estean dotados de alta enerxía para a desfibrilación, adquisición de ECG a través de pas e a través de cable de paciente permitindo a súa monitoraxe, o rexistro e almacenamento dos sucesos (en modo manual e semiautomático), así como a incorporación de pas externas reutilizables de uso en pacientes adultos e pediátricos.

Pola súa banda, a renovación dos ecógrafos permitirá a mellora na realización de programas específicos de saúde como: ecografía abdominal, urolóxica, xinecolóxica e de aorta e grandes vasos que permiten ao profesional de atención primaria descartar patoloxías no paciente, evitando o desprazamento de pacientes á atención especializada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre