Inicio Galicia Un total de 26 concellos e entidades se beneficiarán das axudas da...

Un total de 26 concellos e entidades se beneficiarán das axudas da Xunta para a mellora dos arquivos

0
image_gallery.jpg

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta orde, cuxo importe ascende a 145.000 euros para financiar actividades relativas á organización arquivística


O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a a resolución das axudas destinadas ao mantemento e mellora de arquivos da que se beneficiarán 19 concellos e sete entidades sen ánimo de lucro. Con esta convocatoria a Xunta de Galicia colabora no financiamento de actividades relativas á organización arquivística, en particular, a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos de tal xeito que acaden unha mellor xestión documental e arquivística, ao tempo que impulsa a protección, investigación e difusión cultural.

Así, os concellos beneficiarios da provincia da Coruña son Mañón, Cedeira, A Baña, Carnota, Ordes, Noia e Dodro. Na provincia de Lugo as localidades de Cervantes, Guitiriz, Portomarín e Pol; e na de Ourense os concellos de Castrelo de Miño, Xunqueira de Espadanedo, Avión, Vilar de Santos, O Carballiño, Coles e Viana do Bolo e Marín na provincia de Pontevedra. No tocante a entidades sen ánimo de lucro, os adxudicatarios son a Fundación Exponav, a Asociación de Amigos Fefiñáns, o Arquivo Histórico-Diocesano Tui-Vigo, a Fundación Isla Couto, a Confederación Espeología, a Fundación Vicente Risco e a Fundación Luis Tilve.

A tramitación desta convocatoria estivo suspendida por mor do estado de alarma xerado a causa da crise sanitaria ocasionada polo coronavirus, polo que a Xunta de Galicia ampliará o prazo de xustificación dos proxectos subvencionados ata o 15 de novembro, feito que é publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Cómpre lembrar que os arquivos custodian documentos como testemuño e garantía de dereitos e deberes das institucións e dos cidadáns como fonte de información para a xestión administrativa e a investigación, sendo a súa función a de conservar e servir os documentos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre