Inicio Galicia Un total de 24 cooperativas galegas recibiron este ano 2,4 M? en...

Un total de 24 cooperativas galegas recibiron este ano 2,4 M? en axudas para o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo

0

O DOG publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que fai públicas estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Un total de 24 cooperativas agrarias de toda Galicia recibiron en conxunto 2.437.875,80 euros en axudas para o fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo, na convocatoria correspondente a 2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que fai públicas estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Estas subvencións benefician a cooperativas agrarias, de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), de explotación comunitaria da terra ou tamén a sociedades agrarias de transformación. Con elas procúrase fomentar o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización. Outros obxectivos pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no rural galego.

As axudas apoian, en concreto, os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os estudos técnicos-económicos de viabilidade daquelas entidades asociativas do sector agrario que queiran dar servizo aos seus socios a través deste sistema que permite compartir a maquinaria.

O importe das subvencións acada en principio un 35% dos custos, pero esta porcentaxe pode incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización da entidade en zonas con limitacións naturais e o feito de que o beneficiario proceda dunha fusión de cooperativas.

Enlace á resolución no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200925/AnuncioG0426-170920-0001_gl.html

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre