Inicio Galicia Un total de 21 empresas presentan ofertas para a redacción do proxecto...

Un total de 21 empresas presentan ofertas para a redacción do proxecto de execución da nova depuradora de Burela

0

O obxectivo é definir as solucións ás deficiencias detectadas no sistema de depuración e o deseño construtivo das novas instalacións

Un total de 21 empresas veñen de presentar as súas ofertas para a redacción do proxecto de construción da nova estación depuradora de augas residuais de Burela, licitado por importe de preto de 120.000 euros.

Este contrato ten por obxectivo definir as solucións ás deficiencias detectadas na actual estación depuradora e definir o deseño construtivo da nova planta. A nova planta de tratamento de augas residuais situarase na zona de servizo do porto de Burela, máis en concreto nunha parcela duns 3.500 m2 nas inmediacións do novo viario de acceso ao peirao.

Este contrato permite que a redacción do proxecto construtivo, así como a obra posterior, conten con cofinanciamento a través do programa europeo FEDER Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase nas tarefas que están a impulsarse desde Augas de Galicia para a mellora do sistema de saneamento neste concello lucense, en apoio ás competencias municipais nas materias de depuración e saneamento. Mellora do sistema de saneamento Ademais deste contrato, a Xunta está a redactar o proxecto para a mellora do sistema de saneamento do municipio. O concello conta cunha rede unitaria con deficiencias produto da mala xestión das augas pluviais. Deste xeito, aínda que ten separado algunhas redes de pluviais e pequenos mananciais e regatos que estaban canalizados pola rede de saneamento, están a producirse desbordamentos na rede polo caudal de infiltracións na rede, incluso en períodos secos.

Para resolver esta problemática, o proxecto no que traballa a Xunta prevé a instalación dunha estación de tratamento e bombeo de augas residuais na zona portuaria para concentrar o caudal recollido polos colectores da contorna do Porto e permitir o seu bombeo á nova depuradora de Burela tras un desbaste previo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre