Inicio Galicia Un total de 20 mozas e mozos participan no campo de voluntariado...

Un total de 20 mozas e mozos participan no campo de voluntariado de Rois de limpeza e excavación do Castro de Socastro de Rois

0

O delegado territorial visitou aos participantes nesta actividade organizada pola Consellería de Política Social, que teñen entre 18 e 30 anos


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes do campo de voluntariado de Rois “Castro de Socastro” no que 20 mozas e mozos procedentes de diferentes países e de diferentes localidades de Galicia e de España, participan en traballos arqueolóxicos de escavación e limpeza da zona, na parroquia de San Pedro de Herbogo. Os voluntarios proceden de México, Italia, Francia, Alicante, Málaga, Salamanca, Álava, Asturias, Zaragoza, Murcia, Cantabria y A Coruña.

Os asistentes teñen entre 18 e 30 anos e a súa estadía comezou o pasado 2 de agosto e rematará o 13 deste mesmo mes. Durante este tempo, os voluntarios realizan tarefas de escavación, prácticas de limpado, siglado, rexistro e debuxo arqueolóxico do recinto. Os participantes tamén realizan actividades culturais complementarias, obradoiros de cerámica e de música galega, ademais de asistir ás festas tradicionais e a visitas guiadas polos concellos limítrofes.

O Castro de Socastro está configurado por un recinto principal de planta oval cunha dimensións de 125 po 85 metros, delimitado por un parapeto de terreo que apenas sobresae un metro desta superficie interior e que cae entre 3 e 5 metro ao exterior. Este castro é visible desde todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón e está considerado como unha das acrópoles máis importantes da comarca.

Durante a visita, Ovidio Rodeiro, recalcou que na provincia da Coruña a Consellería de Política Social organiza oito campos de voluntariado dos cales dous teñen lugar na comarca de Santiago o de Rois e o de Boqueixón-Vedra, centrado na posta en valor do Camiño de Santiago e concretamente na Vía da Prata. En total, na provincia da Coruña ofertáronse 153 prazas e concretamente 40 na comarca do Santiago.

O representante do goberno autonómico destacou que “este tipo de actividades van encamiñadas a favorecer a convivencia, a participación e a tolerancia e solidariedade entre a xuventude a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social”. “Ofrecen unha maneira diferente de pasar algúns días da época estival prestando un servizo á sociedade e fomentando o intercambio cultural”, finalizou Ovidio Rodeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre