Inicio Galicia Un total de 2 cooperativas agrarias da Coruña recibiron no 2019 máis...

Un total de 2 cooperativas agrarias da Coruña recibiron no 2019 máis de 125.000? en axudas da Xunta para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo

0

Ovidio Rodeiro destacou que os principais obxectivos que perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria de forma comunitaria, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo (CUMAS).

En concreto, na comarca da Coruña resultaron beneficiadas 2 cooperativas dos concellos de Bergondo e Mesía, sendo o importe total das subvencións de máis de 125.000 euros.

Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, apostan por fomentar a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.

Trátase de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola. Ao tempo, procúrase tamén reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

O delegado territorial puxo en valor que en toda a provincia da Coruña recibiron estas achegas 20 cooperativas cun investimento total de máis de 1,3 millóns de euros e en Galicia foron 36 as cooperativas beneficiadas cunha achega global de 2,8 millóns de euros.

Ovidio Rodeiro destacou que “os principais obxectivos que se perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria e equipos agropecuarios de forma asociativa, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético”.

O importe da achega será do 35% dos custos, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización como as zonas con limitacións naturais. Para a concesión destas axudas valóranse determinados aspectos relacionados coa entidade asociativa, como a súa tipoloxía, en relación a se son cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación (SAT) ou cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (Cuma).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre