Inicio Galicia Un total de 194 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega...

Un total de 194 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega contra a Violencia de Xénero

0

A Rede creouse en 2012, froito dun convenio entre a Fegamp e a Secretaría Xeral da Igualdade


Un total de 194 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega contra a violencia de xénero, posta en marcha de maneira conxunta entre Xunta e a Fegamp no ano 2012. No que levamos de ano 6 novos concellos sumáronse a esta iniciativa: Becerreá, Antas de Ulla, O Irixo, Barbadás, A Mezquita e Vilarmaior.

A ‘Rede de entidades locais contra a violencia de xénero’ configúrase como un instrumento que busca conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

A Rede ten como obxectivos promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detección precoz de situacións de risco, mobilizar e implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, fomentando unha actitude crítica, solidaria e comprometida fronte a situacións de maltrato, fomentar o trato igualitario entre mulleres e homes e conseguir a tolerancia cero coas persoas agresoras.

Leer más:  Se ha originado un incendio forestal en Crecente (Pontevedra) que hasta el momento ha consumido 20 hectáreas

Para o Goberno galego as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse das administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.

Cabe resaltar que os concellos que estean adheridos á Rede obterán máis puntuación nas axudas da Secretaria Xeral da Igualdade, tanto nas destinadas ao mantemento dos Centros de Información á Muller, como nas axudas aos programas de conciliación e corresponsabilidade, e o de violencia de xénero. Ademais de participar en numerosas actividades, como obradoiros, talleres, ou actividades lúdicas ou deportivas postas en marcha en marcha polo goberno galego e que non comportan custo económico algún para o concello, enmarcadas todas elas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.


- Te recomendamos -