Inicio Galicia Un total de 17 empresas presentan as súas ofertas para redactar o...

Un total de 17 empresas presentan as súas ofertas para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a este contrato un orzamento autonómico de 200.000 euros, que prevé asinarse antes do verán, para someter a información pública o proxecto e iniciar a tramitación ambiental neste mesmo ano

Un total de 17 empresas veñen de presentar as súas ofertas para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa.

Trátase do proxecto impulsado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para completará o eixe de comunicación Ourense – Celanova – Fronteira portuguesa coa mellora da estrada desde Celanova ata Lobios, e conta cun orzamento de 200.000 euros.

Segundo a planificación do departamento de Infraestruturas, e cumprindo cos prazos previstos na Lei de contratos públicos, a Xunta prevé poder asinar o contrato antes do verán. O obxectivo é comezar este ano os traballos de redacción do proxecto e someter a información pública a efectos expropiatorios, así como iniciar a tramitación ambiental e, a continuación, aprobar o proxecto e iniciar a contratación das obras.

O proxecto de actuación previsto nesta estrada incluirá a intervención en varios treitos para aumentar a súa capacidade coa execución de novos terceiros carrís de adiantamento. Isto vai supoñer unha mellora cualitativa para os case 7.000 veciños da Baixa Limia que diariamente percorren a mesma, cun volume de tráfico diario de entre 1.500 e 2.500 coches, e que se incremente considerablemente no mes de agosto ata preto dos 4.000.

Máis en concreto, dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova Sur e a ponte de Lindoso, practicamente 8 disporán dun novo terceiro carril de adiantamento, o que unido aos terceiros carrís xa existentes, farán que 15 km, o 44% do percorrido, conten con terceiro carril de adiantamento.

A isto hai que engadir a mellora do trazado, sumando 4 quilómetros e medio de rectificacións de curvas.

A execución das obras acadará un investimento da Xunta da orde dos 9 millóns de euros e suporá unha importante mellora nas comunicacións interiores da Baixa Limia e nas súas conexións con Celanova e Ourense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre