Inicio Galicia Un total de 16 empresas representan a Galicia en Biospain, unha das...

Un total de 16 empresas representan a Galicia en Biospain, unha das maiores feiras biotecnolóxicas do mundo

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Sevilla nun networking previo á inauguración de BioSpain 2018, que arranca mañá

Un total de 16 empresas galegas participan desde mañá en Sevilla na novena edición de BioSpain, considerada a quinta feira biotecnolóxica máis relevante a nivel mundial e a primeira de Europa con sede fixa nun país. Deste xeito, Galicia duplica a súa presenza con respecto ao anterior encontro, que tivo lugar en Bilbao en 2016. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na cidade hispalense nun networking coa industria biotecnolóxica galego previo á inauguración da feira, no que destacou que o segredo do avance deste sector en Galicia neste ámbito se debe á unidade de acción de todos os axentes implicados.

Así, destacou que a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) asiste mañá a esta feira para apoiar ao tecido empresarial, representado por Bioga e o Clúster da Saúde de Galicia e as tres universidades galegas. Así, todo o ecosistema galego da biotecnoloxía participará unido nunha zona de exposición dentro da feira, e realizará actividades paralelas como un acto de presentación ante investidores e empresarios.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Na súa intervención, Conde aproveitou para facer balance da evolución do sector na Comunidade desde a última celebración desta feira, en Bilbao en 2016, e así lembrou que hai dous anos Galicia amosaba o seu potencial e viña de poñer en marcha a Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020. Na actualidade, segundo asegurou, Galicia está no ecuador desa Estratexia cumprindo os seus obxectivos –xa se puxeron en marcha máis do 80% das accións e mobilizáronse 107M€, máis do 50% previsto-; e salientou que a biotecnoloxía vai camiño de converterse nun dos sectores estratéxicos da economía galega.

Neste sentido, Galicia é a cuarta Comunidade máis bioemprendedora de 2017 e a primeira en volume de financiamento alcanzado polas empresas biotecnolóxicas, compañías que representan o 8,6% no conxunto de España e que empregan a 3000 profesionais na Comunidade. Conde lembrou que, neste tempo, Galicia está a marcar fitos como contar coa primeira incubadora de fármacos de España da man da Fundación Kaertor e Janssen, impulsar cinco Unidades Mixtas de Investigación no sector bio nas que colaboran empresas da talla de Roche, Laboratorio Esteve, Jealsa-Escurís, Calvo ou Coren e a próxima posta en marcha en Santiago, xunto coa Fundación Incyde, dunha aceleradora especializada no sector biotecnolóxico.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

A feira bienal, que cumpre a súa novena edición, celébrase nesta ocasión en Sevilla centrada no campo biomédico, pero tamén noutros eidos como o agroalimentario, o industrial e a bioeconomía. Contará cunha feira comercial, un amplo programa de conferencias e un foro de investidores, polo que Conde subliñou que se trata dunha importante ocasión para dar a coñecer o que Galicia está realizando neste campo e para converterse nun referente. 


- Te recomendamos -