Inicio Galicia Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para redactar o...

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para redactar o proxecto de mellora do sistema de saneamento do concello de Rodeiro

0

A empresa adxudicataria disporá de 10 meses para redactar o proxecto, cun investimento de máis de 113.500 euros

Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para a redacción do proxecto construtivo para a mellora do sistema de saneamento do concello de Rodeiro.

A empresa que resulte adxudicataria do contrato disporá de 10 meses para redactar o proxecto, cun investimento de máis de 113.500 eurosO obxectivo do servizo é materializar a solución axeitada para a xestión e tratamento das augas residuais no núcleo urbano do municipio, que carece na actualidade dunha estación depuradora de augas residuais. Para iso Augas de Galicia redactou o pasado ano un estudo de alternativas para o saneamento de Rodeiro, no que se analizaron posibles actuacións de mellora da rede de saneamento existente.

Os traballos contratados por Augas de Galicia definirán o proxecto construtivo para a mellora do sistema e realizaranse en base á alternativa proposta no citado estudo.

A solución consiste na execución de 14 tramos de colectores de saneamento na rede actual, para conseguir a separación das augas pluviais e fecais; a construción dun colector xeral, 2 ramais de conexión desde a rede de Rodeiro e unha depuradora para 700 habitantes.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre