Inicio Galicia Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a redacción...

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto de mellora de seguridade da estrada Viveiro- Cabreiros

0

A actuación incluirá o redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado ou a ordenación de xiros á esquerda

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto de mellora da capacidade e seguridade viaria da estrada Viveiro-Cabreiros (LU-540).

O proxecto ten como principal obxectivo o acondicionamento do tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 39+500 para acadar o incremento da seguridade viaria.

Para isto, serán necesarias accións dirixidas á rectificación de curvas, de xeito que todo o trazado se corresponda cunha velocidade de proxecto superior a 80 km/h. A intervención tamén deberá incluír as actuacións necesarias para a implantación de novos tramos de carrís de adiantamento, en treitos con pendente superior ao 3 %, así como para mellorar a seguridade fronte ao cruce de animais.

O acondicionamento, dun xeito máis concreto, contemplará a mellora e redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado, ordenación de xiros á esquerda ou a revisión da sinalización horizontal e vertical, entre outras medidas a adoptar.

O Goberno galego impulsa este proxecto de acondicionamento para facilitar a mobilidade dos veciños de Viveiro, en condicións máis seguras e cómodas, xa que este treito é a principal alternativa empregada para desprazarse a Ferrol ou Lugo.

Cómpre lembrar que a Xunta executou o mes pasado unha actuación de mellora da sinalización e o balizamento na intersección entre a citada estrada LU-540 e a LU-161, á altura de Landrove para reforzar a seguridade.

Esta mellora da sinalización vertical e horizontal e as medidas de balizamento teñen como obxectivo incrementar a percepción do cruzamento por parte dos condutores nesta contorna. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre