Inicio Galicia Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a construción...

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a construción da nova circunvalación das Pontes

0

Esta nova vía custeada por Endesa permitirá a reordenación da rede viaria da vila, sendo necesaria para que a central térmica cumpra coas exixencias europeas sobre emisión industriais

Un total de 16 empresas presentaron as súas ofertas para levar a cabo as obras de construción da nova circunvalación das Pontes de García Rodríguez.

Esta actuación prevé a reordenación do sistema viario do núcleo desta localidade coruñesa, necesaria para que a central térmica de Endesa se adapte e cumpra coas exixencias da Unión Europa sobre emisións industriais.

O orzamento base de licitación das obras ascende a 3,54 millóns de euros e o custe total da actuación será asumido na súa totalidade por Endesa Generación S.

A., correspondendo á Consellería de Infraestruturas e Vivenda supervisar o trazado e a contratación das obras.

A intervención ten por obxecto acometer a reordenación do sistema viario neste municipio coruñés, executando un novo vial de acceso ao núcleo que sirva como circunvalación ao casco urbano das Pontes de García Rodríguez, separando a área industrial da residencial, e mantendo ao mesmo tempo a conexión existente coa Autovía Ferrol – Vilalba (AG-64).

Leer más:  Se ha generado un incendio forestal en Cabanas (A Coruña) que ha alcanzado a dos hectáreas de las Fragas do Eume

A nova estrada servirá de alternativa á actual AC-861, terá 985 m de lonxitude, e comunicará a AC-101 coa rúa Alcalde José Vilaboy Pajón.

O vial contará con 3 glorietas, unha en cada extremo e outra intermedia como intersección coa rúa Areosa e a rúa de Acceso á Fábrica. Ademais, reordenarase outra intersección existente coa AC-101.

A actuación compleméntase cunha rede de sendas de mais de 2,4 km de lonxitude para facilitar a mobilidade peonil e ciclista, que se executará en paralelo ao novo vial e, tamén, en paralelo ao río Eume, polas dúas marxes do río, para conectar o novo vial e a AC-101 coas instalacións de Endesa.

Nesta intervención se inclúe ademais, a construción dun aparcadoiro disuasorio no entorno da Casa da Enerxía, na Avenida Alcalde Vilaboy, a remodelación do tramo inicial das rúas Areosa e Irmáns Tojeiro, e a reordenación da sección da ponte sobre o Eume da AC-861 (vía que quedará como entrada exclusiva á central térmica) para dar cabida á senda.

AntecedentesLembrar que para adaptar a Central Térmica de Carbón das Pontes aos requirimentos da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, Endesa Generación S.

Leer más:  La Xunta aprobará el próximo lunes la matrícula gratuita para los nuevos estudiantes universitarios

A. debe executar instalacións de desnitrificación e desulfuración, que permitan prolongar a vida útil da instalación e manter a actividade mais alá do ano 2020.

A explotación destas instalacións require o uso por parte da empresa dos terreos polos que discorre a estrada autonómica AC-861, entre o punto quilométrico 26+670 (intersección AC-861 coa rúa Blanco Amor, excluíndo a rotonda) e o 27+550 (intersección da AC-861 coa rúa Alcalde José Vilaboy Pajón excluíndo a rotonda).

Este tramo está situado entre a Central Térmica e o río Eume, e o Ciclo Combinado de Gas, moi próximo ás instalacións da infraestrutura eléctrica e que rexistra un tráfico orixinado principalmente polos accesos á propia central e como conexión coa Autovía Ferrol-Vilalba.

A Xunta, que apoia o investimento que realiza Endesa na Central das Pontes, para posibilitar a reordenación do sistema viario no municipio coruñés, asinou un convenio de colaboración, a través das consellerías de Infraestruturas e Vivenda e a de Facenda, con Endesa Generación, S.

A. Mediante o convenio a empresa comprometeuse a asumir o custo das obras e a Xunta a impulsar a actuación.  


- Te recomendamos -