Inicio Galicia Un total de 15 rapazas e rapaces desfrutan do 'Minicampamento Natura' da...

Un total de 15 rapazas e rapaces desfrutan do 'Minicampamento Natura' da Xunta de Galicia na comarca do Salnés

0
image_gallery.jpg

Estase a celebrar a última das tres quendas que tivo esta iniciativa dentro do programa ‘Coñece Galicia’


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá os 15 participantes que desfrutan da última quenda do Minicampamento Natura, iniciativa que puxo en marcha a Xunta de Galicia na comarca do Salnés dentro do programa Coñece Galicia.

Neste minicampamento, que comezou o pasado día 24 e remata mañá, as rapazas e rapaces puideron realizar unha gran diversidade de actividades, tales como mergullo, bodyboard, xogos de orientación, paddle surf ou sendeirismo, entre outras.

Cristina Pichel achegouse ata a praia de Area Gorda, en Sanxenxo, na que estaban a celebrar unha das actividades do campamento. Alí puido coñecer de primeira man as impresións dos participantes sobre esta nova iniciativa que impulsaron a Consellería de Política Social e a de Cultura e Turismo tras a necesaria adaptación das actividades ao novo escenario provocado pola covid-19.

Coñece Galicia propón unha variada oferta de actividades de cultura urbana e ocio activo, de multiaventura e coñecemento do patrimonio natural e cultural, de turismo de natureza e educación ambiental, de coñecemento de paraxes naturais e mariñas ou de desfrute do medio rural, entre outras alternativas. Os lugares onde se estiveron celebrando minicampamentos neste verán foron: Ribeira; Foz; Monforte; a contorna dos Ancares; Pobra de Trives; O Carballiño; Covelo; Lalín; O Grove; Silleda e as comarcas do Salnés, do Deza e do Morrazo.

Campaña de veránEn total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre