Inicio Galicia Un total de 142 universitarios poderán beneficiarse das bolsas convocadas pola Xunta...

Un total de 142 universitarios poderán beneficiarse das bolsas convocadas pola Xunta para a mellora das competencias en linguas estranxeiras

0

As axudas, dun importe de 1.000 euros por persoa, contribuirán a financiar estadías nalgún Estado membro da UE no que os estudantes deberán realizar un curso do idioma oficial do país elixido


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país. Un total de 142 estudantes poderán beneficiarse destas bolsas cun importe de 1000 euros, cos que se contribúe a financiar as estadías.

Cun orzamento total de 142.000 euros, esta iniciativa facilítalle ao alumnado universitario cumprir cos requisitos e necesidades creadas polo Espazo Europeo de Educación Superior, que esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a competencia e a capacidade de estudo e traballo no contexto internacional. Neste sentido, as persoas solicitantes deberán acreditar que van realizar un curso de idiomas (en datas entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2020) cunha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co oficial do país elixido.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán solicitar estas axudas os universitarios que estean matriculados no curso 2019/2020, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do SUG, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao. Ademais, os aspirantes deberán ter superado 60 créditos a data de 30 de setembro de 2019.

Non poderán optar a esta convocatoria aqueles estudantes que fosen beneficiados cunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+ neste curso, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país no que están a desenvolver o devandito programa, nin o alumnado que xa fose beneficiario desta axuda en convocatorias anteriores.

Desde o curso 2011/12 téñense beneficiado destas bolsas un total de 1.131 universitarios galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre