Inicio Galicia Un total de 14 entidades da Rede Eusumo amosan os seus produtos...

Un total de 14 entidades da Rede Eusumo amosan os seus produtos e servizos no Culturgal

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou esta tarde a Feira das Industrias Culturais (Culturgal) onde a Consellería de Economía, Emprego e Industria conta cun mostrador dedicado á Economía Social

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou esta tarde a Feira das Industrias Culturais (Culturgal), onde un total de 14 entidades da economía social participan coa presentación dos seus produtos e servizos nun mostrador promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria que se poderá visitar ata o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O espazo de economía social renova a súa aposta pola visibilización das entidades que conforman o sector a través da organización dos Encontros coa Economía Social, uns breves espazos de reunión nos que as entidades do sector terán a oportunidade de presentar unha proposta de actividade, iniciativa ou produto a representantes institucionais, administracións e empresas para posibles acordos de negocio ou colaboración. Igualmente, a través do desenvolvemento de diversas propostas de programación propia, o stand volverá ser espazo de encontro e achegamento ao público visitante á Feira.

Programa de actividadesSábado, 30 de novembro-11:30h. Presentación da Axenda Sectorial de Cultura da Economía Social da Eurorrexión – Proxecto LACES. Actividade desenvolta por DezdeDez Sociedade Laboral.-12:30 a 13:15h. Presentación das Rutas Literarias por Compostela e da Excursión á Ruta Cristobal Colón galego co escritor Rodrigo Costoya. Actividade organizada por DezdeDez Sociedade Laboral.-19:00 a 19:45h. Encontro entre Isa Shopaholic, youtuber da canle O Galego mola, con seguidores e venta de merchandising. Actividade desenvolta por DezdeDez Sociedade Laboral.

Domingo, 1 de decembro-12:30h. Presentación do festival feminista de arte urbana e contexual Delas Fest. Actividade desenvolta por 7H Cooperativa Cultural.-17:15 a 18:00. Sinatura de discos de Silvia Penide. Actividade desenvolta por DezdeDez Sociedade Laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre