Inicio Galicia Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a...

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, licitada por 4,8 millóns de euros

0

As obras, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais

Un total de catorce empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, no treito entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea, que foron licitadas por máis de 4,8 millóns de euros.

A intervención conta cun prazo de execución de seis meses e desenvolverase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada.

Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

Tamén se levará a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas que vén realizando a Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade.

Esta actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

No seguinte plano amósase o treito da infraestrutura viaria na que se efectuarán os traballos de acondicionamento da capa de rodadura.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre