Inicio Galicia Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para realizar as...

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para realizar as obras de reforzo de firme na autovía Ferrol ? Vilalba, no seu percorrido pola provincia da Coruña, cun orzamento de 944.000 euros

0

Esta intervención beneficiará aos concellos de Narón, San Sadurniño As Somozas e As Pontes de García Rodríguez

Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para acometer obras de reforzo de firme localizado na autovía de Ferrol-Vilalba, no seu percorrido pola provincia da Coruña, cun orzamento de preto de 944.000 euros.

Esta intervención promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda na autovía AG-64 beneficiará aos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez.

As actuacións que se executarán na autovía que une Ferrol con Vilaba, consisten na rehabilitación de firme en distintos treitos ao longo dos 39,79 quilómetros da vía de alta capacidade que percorren a provincia da Coruña. E inclúen tamén obras de drenaxe no paso superior da estrada de Vilallonte (Narón), e a construción de cunetas de seguridade nos ramais do enlace de Penapurreira (As Pontes) e preto do enlace entre a AG-64 e a AC-564 (As Pontes).

Deste xeito o proxecto define as obras necesarias para a rehabilitación do firme mediante fresados localizados e reposición dos tramos que presentan maio desgaste. Ademais, as obras tamén permitirán a renovación da sinalización horizontal e vertical que se encontre deteriorada.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

Plan de reforzos de firmesA consellería de Infraestruturas e Vivenda está a continuar co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que van máis alá dás tarefas ordinarias de conservación, complementándoas tamén con obras de conservación. 


- Te recomendamos -