Inicio Galicia Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as...

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras dunha senda peonil na estrada LU-612, a la salida de Lugo hacia Portomarín, con un presupuesto de casi 523.000 euros

0

Trátase dun itinerario pola marxe dereita desta vía de titularidade autonómica, no tramo entre a antiga estrada a Santiago e o acceso á igrexa de Piugos

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2019.- Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para a execución das obras dunha senda peonil na estrada LU-612, á saída de Lugo cara a Portomarín, por un orzamento de case 523.000 euros.

As obras consisten na execución dunha senda peonil de 1,9 quilómetros de lonxitude e 2 metros de ancho, pola marxe dereita da estrada LU-612, ao seu paso polo Concello de Lugo. Os traballos teñen como fin a integración da senda na vía actual, no tramo entre o empalme de Portomarín da antiga estrada a Santiago e Toiriz, no acceso á igrexa de Piugos.

A senda executarase en continuo con pavimento coloreado e as entradas ás vivendas resolverase coa implantación duns vaos en todo o ancho da mesma. Ademais nalgunhas zonas incluirase unha varanda para protexer aos peóns dos desniveis.

No tramo existen actualmente dúas paradas de autobús que non contan con marquesiña, polo que o proxecto prevé a súa instalación neses dous puntos.

Outros traballos previstos permitirán a execución dun tramo dunha canalización para recollida das augas de drenaxe, e a colocación de arquetas e colectores de drenaxe para conectalo co existenteAs obras completaranse co repintado das marcas existentes de sinalización horizontal, reposición da sinalización vertical existente, colocación de proteccións peonís e reposición e mellora do balizamento.

Esta actuación da Consellería de Infraestrutruas e Mobilidade está incluída no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Lugo e está cofinanciada con Fondos FEDER.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre