Inicio Galicia Un total de 12 mozas e mozos participan no campo de voluntariado...

Un total de 12 mozas e mozos participan no campo de voluntariado da Laracha de posta en valor do castro de Montesclaros

0

O delegado territorial visitou aos participantes nesta actividade organizada pola Consellería de Política Social, que teñen entre 18 e 30 anos


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes do campo de voluntariado da Laracha Castro de Montesclaros”, no que 12 mozas e mozos procedentes de diferentes países e de diferentes localidades de Galicia e de España, participan en traballos arqueolóxicos de delimitación e limpeza do castro e do seu entorno..

Os asistentes teñen entre 18 e 30 anos e a súa estadía comezou o pasado 1 de agosto e rematará o 12 deste mesmo mes. Durante este tempo, os voluntarios realizan tarefas de delimitación e limpeza da zona perimetrada e están levando a cabo o acondicionamento do camiño de acceso e a sinalización. Este campamento ofrece a oportunidade de descubrir diferentes tipos de culturas, costumes e modos de vida, xa que coñecen a cultura castrexa e a forma de vida celtíbera destacando o seu compoñente social.

Ademais, os participantes están realizando actividades complementarias de aventura, talleres medio ambientais e de debuxo arqueolóxico, xogos deportivos, rutas de sendeirismo e visitas culturais aos concellos da contorna.

Durante a visita, Ovidio Rodeiro, recalcou que na provincia da Coruña a Consellería de Política Social organiza oito campos de voluntariado dos cales dous teñen lugar na comarca de Bergantiños-Costa da Morte o da Laracha e o de Ponteceso, centrado na investigación dos elementos etnográficos da vila do Couto en Ponteceso, a colección de patrimonio oral e a sinalización do elementos etnográficos. Ademais, os participantes colaboran na organización da XII Festa Galega en colaboración con Concello de Malpica.

O representante do goberno autonómico destacou que “este tipo de actividades van encamiñadas a favorecer a convivencia, a participación e a tolerancia e solidariedade entre a xuventude a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social”. “Ofrecen unha maneira diferente de pasar algúns días da época estival prestando un servizo á sociedade e fomentando o intercambio cultural”, finalizou Ovidio Rodeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre