A actuación, licitada por máis de 1 millón de euros, ten un prazo de execución de 4 meses e acometerase este ano
Un total de doce empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora localizada do firme en catro estradas autonómicas da contorna dos polÃgonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense, que foron licitadas por máis de 1 millón de euros.
Esta intervención terán un prazo de execución de 4 meses e o obxectivo da ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.
As actuacións incluÃdas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas OU-105, OU-510, OU-537 e OU-538 ao seu paso polos municipios de Ourense, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.
Máis en concreto, na estrada OU-105, actuarase dos puntos quilométricos 0 ao 4+250, ao seu paso polo concello de Ourense, e desde o punto 4+250 ao 5+129, en San Cibrao das Viñas.
Na estrada OU-510 as tarefas estenderanse do punto quilométrico 0 ao 5+179, no concello de Ourense, e na OU-537 desde o quilómetro 0 ao 3+948, no concello de Pereiro de Aguiar. A intervención na OU-538 comprende o treito que vai do punto quilométrico 0 ao 1+110, no municipio de San Cibrao das Viñas.
Os traballos obxecto deste contrato prevén a mellora do estado do firme con actuacións de reparación, rehabilitación e reforzo, limpeza de gabias e reperfilado de noiros, asà como o repintado da sinalización horizontal e reposición da sinalización vertical e balizamento.