Inicio Galicia Un total de 11 cooperativas agrarias do Deza e Tabeirós recibiron da...

Un total de 11 cooperativas agrarias do Deza e Tabeirós recibiron da Xunta case 860.000 euros para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacó hoxe a publicación no DOG da resolución pola que se dá publicidade a estas achegas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

Esta axudas permitirán desenvolver proxectos en 11 cooperativas agrarias do Deza e o Tabeirós por un montante total de 2,05 millóns de euros, recibindo estas entidades para este fin unha subvención global de 859.251 euros por parte da Consellería de Medio Rural.

As beneficiadas nestas dúas comarcas serán as cooperativas Campodeza, Valle del Deza, Pena de Francia, Gandeiros do Deza, Sixto, Campo Afiliados, Maquideza, O Rodo, Novos Gandeiros, San Isidro del Deza e Cobideza.

En total, en Galicia, son 36 as cooperativas beneficiadas, sendo o importe total das subvencións de case 2,8 millóns de euros. O obxectivo destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, é fomentar a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.

Trátase de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola. Ao tempo, procúrase tamén reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Enlace á resolución no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191213/AnuncioG0426-261119-0011_gl.html 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre