Inicio Galicia Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as...

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de ampliación do saneamento e o abastecemento na parroquia de Larín, no concello de Arteixo

0

As actuacións, cun orzamento duns 156.000 euros, teñen como obxectivo completar as redes de saneamento e abastecemento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de ampliación do saneamento e o abastecemento na parroquia de Larín, en Arteixo, por un investimento de case 156.000 euros.

As actuacións completarán as redes de servizos de abastecemento e saneamento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo, pertencentes á parroquia de Larín.

Executarase unha rede de colectores, diferenciados en catro tramos que recollerán as augas residuais das vivendas situadas nas marxes da estrada provincial DP-0507 e outro grupo pequeno de inmobles, para conducilas á estación depuradora de augas residuais de Groba.

A Xunta, con estas actuacións, dálle resposta ás necesidades en infraestruturas hidráulicas desta parroquia, que está a rexistrar unha crecente actividade turística, polo que é precisa a ampliación de servizos básicos, como o abastecemento e o saneamento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre