Inicio Galicia Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para a rehabilitación...

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para a rehabilitación da futura sede do servizo de urxencias sanitarias do 061 na rúa Gregorio Hernández da Coruña, cun investimento de preto de 558.000 euros

0

Esta intervención é complementaria á construción do Espazo Amizar, xa adxudicada, mobilizando a Xunta nestas dúas obras máis de 7 millóns de euros

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de rehabilitación da futura sede do servizo de urxencias sanitarias do 061 na rúa Gregorio Hernández da Coruña, licitadas por un importe de case 558.000 euros.

Esta é unha obra complementaria á de construción do Espazo Amizar, de rehabilitación do edificio Gregorio Hernández, xa adxudicada. Entre as dúas obras, o orzamento mobilizado pola Xunta de Galicia supera os 7 millóns de euros.

Os traballos teñen un prazo de execución de 7 meses e se prevé o inicio dos mesmos no primeiro trimestre do ano 2020.

Trátase da rehabilitación da edificación, antigamente destinada a base medicalizada terrestre e situada na parte sur da parcela. Coa obra non hai aumento de edificabilidade, e para iso se prevé a demolición dun pequeno local existente, a retirada da caseta do grupo electróxeno e realizarase a demolición da marquesiña de acceso actual á Rolda para substituíla por unha na zona de entrada principal.

O proxecto permitirá habilitar o edificio, en planta baixa, para arquivo, local para ambulancias e local para medicamentos. Na planta primeira habilitaranse estancias de descanso, traballo e reunións. O edificio contará con ascensor.

En canto á fachada, realizaranse traballos de renovación dos cerramentos para mellorar a eficiencia enerxética, que é un dos principais obxectivos do proxecto. Conferirá unha imaxe renovada do conxunto do edificio con materiais e sistemas construtivos contemporáneos cunha estética más propia dun edificio institucional e singular nun entorno de uso principalmente residencial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre