Inicio Galicia Un total 36 cooperativas agrarias recibiron no 2019 case 2,8M? en axudas...

Un total 36 cooperativas agrarias recibiron no 2019 case 2,8M? en axudas da Xunta para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade a estas achegas


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

En total son 36 as cooperativas beneficiadas, sendo o importe total das subvencións de case 2,8 millóns de euros. O obxectivo destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, é fomentar a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.

Trátase de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola. Ao tempo, procúrase tamén reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Enlace á resolución no DOG. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre