Inicio Galicia Un grupo de desempregados que se están a formar en Atención Sanitaria...

Un grupo de desempregados que se están a formar en Atención Sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes visita o CIAE-112 Galicia

0

Mediante esta actividade formativa, pretenden obter unha visión global do sistema de atención, tratamento e xestión das chamadas de emerxencias que se reciben no CIAE-112 Galicia


Un grupo de desempregados que están recibindo formación para alcanzar a certificación de profesionalidade en materia de Atención Sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes visitaron esta mañá as instalacións do CIAE-112 Galicia para obter unha visión integrada e global da xestión, tratamento e atención das chamadas de emerxencias que se reciben no CIAE 112 Galicia.

Ademais, co fin de ampliar o seu coñecemento sobre as funcións, medios e recursos de actuación da Axencia Galega de Emerxencias, percorreron o hangar do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) e tiveron a oportunidade de observar e analizar o seu material de intervención, que permite ofrecer unha resposta especializada ante situacións de emerxencia grave e/ou catástrofe.

Deste xeito, os 17 participantes da visita aproveitaron a situación do CIAE e GALI no recinto da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada (AGASP) para visitar estas instalacións e achegarse, da man do persoal do 112 Galicia, ao traballo que desenvolve. Así, os visitantes puideron ser testemuñas dun mesmo espazo onde se integra a atención, a xestión e a formación en emerxencias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre