Inicio Galicia Un estudo no que participa CETMAR reflicte que os compradores españois elixen...

Un estudo no que participa CETMAR reflicte que os compradores españois elixen robaliza, dourada e bacallau como opcións de consumo preferente

0

Estas son as especies escollidas polos consumidores das sete nas que se basea o estudo, que tamén inclúe o salmón, a troita, o arenque e o panga


O estudo sobre cinco mercados europeos levado a cabo polos investigadores do proxecto PrimeFish, no que participa o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, reflicte que os compradores españois elixen robaliza, dourada e bacallau como opcións de consumo preferente. Estas son as especies escollidas polos consumidores das sete nas que se basea o estudo, que tamén inclúe o salmón, a troita, o arenque e o panga.

Os resultados deste estudo do proxecto PrimeFish para o mercado español foron presentados esta mañá no posto da Xunta de Galicia en Conxemar, nun acto no que participaron a directora de CETMAR, Paloma Rueda, e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.

Ademais a análise reflicte que os consumidores españois prefiren o peixe salvaxe, fresco e sen moito procesado e que están dispostos a pagar máis por produtos do mar con reclamos de sustentabilidade e saúde. A saúde é tamén unha panca de consumo no resto dos mercados europeos analizados polo proxecto PrimeFish -Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido-, valorando a nutrición, os produtos baixos en calorías e o respecto polo medio ambiente e o benestar animal.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

De acordo ao traballo desenvolvido polos investigadores de PrimeFish, en España identificáronse seis segmentos de consumidores. O máis destacado é o dos compradores que se informan sobre a orixe e a trazabilidade dos produtos do mar e representa o 29% dos enquisados. Este perfil de compradores caracterízanse ademais por un consumo medio alto que se reflicte nun gasto relativamente alto en peixe, principalmente dourada fresca e salmón.

Outro grupo importante de consumidores que identifica o estudo é o que confía na súa marca, tenda ou vendedor á hora de mercar peixe, elixindo entre un rango moi limitado de especies, e apostando polos beneficios para a saúde á hora de elixir. Este segmento supón arredor do 23% dos enquisados.

Todos estes resultados son froito da compilación das opinións duns 1.300 consumidores españois en enquisas online e integraranse agora nunha ferramenta desenvolvida polo proxecto PrimeFish. Esta ferramenta está a presentarse en diferentes seminarios online e servirá de apoio ás empresas na súa toma de decisións sobre cuestións como o lanzamento de novos produtos.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Para iso, ofrecerá información adaptada ás empresas para definir o perfil ideal de consumidor ou determinar canto estarían dispostos a pagar polos seus produtos, así como indicadores sobre competitividade, análises da cadea de valor ou tendencias de prezos.

Financiado polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, o proxecto PrimeFish reúne a expertos de 16 centros de investigación, empresas e universidades de Europa, Canadá e Vietnam que desde 2015 veñen traballando para fortalecer a competitividade dos sectores europeos da pesca e da acuicultura. A iniciativa rematará en 2019 coa celebración dunha conferencia internacional en Vigo.


- Te recomendamos -