Inicio Galicia Un contedor de reciclaxe e a sede dunha empresa de enerxía son...

Un contedor de reciclaxe e a sede dunha empresa de enerxía son presentados en Malta como mostra de deseño en Galicia

0

Os contedores BIG-BIN e a sede da empresa Norvento, casos de éxito do deseño en Galicia, foron presentados esta semana en Malta, Capital Europea da Cultura 2018, no marco do proxecto Interreg Europe Design4innovation

Os proxectos BIG-BIN, unha gama de contedores producidos pola empresa Formato Verde (con sede en Pereiro de Aguiar, Ourense) e deseñados por Antonio Parcero e Alberto R. Montiel de FrutoDS; e a nova sede do Grupo Norvento, deseñada por Francisco J. Mangado Beloqui, de Mangado y Asociados, presentáronse esta semana na Cámara de Comercio de Malta no marco da exposición de deseño europeo organizada pola Fundación Valletta 2018. O evento enmárcase dentro das actividades do proxecto Interreg Europe Design4innovation no que participa como socia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

A exposición foi inaugurada pola directora da Fundación Valletta e congregou a deseñadores, pemes, representantes gubernamentais de Malta, xunto aos socios do proxecto. Como representación galega, ademais da Gain, como socia a través do CIS Galicia e do CIS Madeira, no evento participou a empresa Norvento para presentar a súa nova sede como caso de éxito de deseño. Xunto con este exemplo, presentouse tamén o proxecto BIG-BIN.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Os contedores BIG-BIN da empresa Formatoverde e deseñados por FrutoDS son innovadores tanto en estética como en funcionalidade: melloran a estética das cidades polo seu deseño, tendo en conta que é un dos elementos de mobiliario urbano máis numerosos, e polo seu gran tamaño de maior impacto; aumentan a robustez do produto, reducindo moito os custos de mantemento; incrementan as taxas de reciclaxe, ao aumentar a calidade percibida sobre o produto que representa os servizos de recollida e reciclado do lixo; ou facilitando a información dunha forma clara.

Pola súa banda, a nova sede central de Norvento representa a integración da arquitectura na paisaxe, sen materiais sofisticados nin arquitecturas complexas. En coherencia coa procura da proximidade ao bosque, a confortabilidade e a idea de Galicia empregouse a madeira como elemento fundamental para a construción dun edificio que ademais se deseñou para conseguir a máxima calidade enerxética.

Interreg Europe Design4innovationO proxecto Design4innovation, do que é socia a Axencia Galega de Innovación, está financiado polo programa Interreg Europe e ten por obxectivo integrar o deseño nas políticas de innovación dos sete países europeos participantes. A través do intercambio de experiencias e boas prácticas entre os socios europeos participantes, elaborarase un Plan de Acción de Deseño (PAD) adaptado a cada unha das rexións que forman parte do proxecto. Neste senso, a Xunta xa está traballando na posta en marcha dun plan de impulso ao deseño como factor facilitador da innovación, que conecte a empresa co mercado.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -