Inicio Galicia Un alumno de 2º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda...

Un alumno de 2º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda gana a segunda edición do concurso #eusonpilabot

0

A fotografía gañadora leva por título ‘Xamais botes pilas ao mar’


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver o segundo concurso de fotografía artística #eusonpilabot, que nesta edición resultou gañador o alumno de 2º de Primario do CEIP As Solanas (A Guarda), Tomás de la Fuente Jansen, que presentou un traballo cuxo título é “Xamáis botes pilas ao mar”.

Este concurso escolar está enmarcado na campaña de sensibilización ambiental Pilabot coa que se busca fomentar a recollida selectiva de pilas, baterías e acumuladores portátiles entre a poboación escolar, a través da organización de diversas actividades, charlas e accións de sensibilización en centros de educación primaria e secundaria.

Tras a suspensión temporal do certame a causa da situación de crise sanitaria, a organización reactivou o período de votación pública durante unha semana (o período de votacións rematou o pasado luns 15 de xuño ás 23.59 h), producíndose un empate empate entre as dúas fotografías máis apoiadas. Tal e como se recolle nas bases legais do concurso, un xurado formado por representantes da Xunta e dos SCRAP (Sistema de Responsabilidade Colectiva Ampliada do Produtor) foi o encargado de resolver que os gañadores.

Así, Tomás de la Fuente Jansen, de 2º de Primaria no CEIP As Solanas, con 329 votos, foi galardoado co primeiro premio e unha tablet grazas á súa foto titulada “Xamais botes pilas ao mar”.

A segunda premiada, Alba González Gregorio, é unha alumna de 2º de primaria do CRA Amencer de Ribadavia, que tamén acadou 329 votos. A súa segunda posición foi grazas á presentación de “As miñas bonecas tamén reciclan”, e recibirá como premio un altofalante bluetooth.

Lucas Barreiro Costa, que cursa 1º de primaria no CEIP Plurilingüe de Tirán, obtivo 157 votos e levou unha pulseira fitness polo terceiro posto acadado coa foto “O desfile da reciclaxe”.

Cómpre destacar que case medio centenar de alumnos e alumnas de distintas idades participaron nesta segunda edición do concurso #eusonpilabot con fotografías que tiñan como protagonistas as pilas e as caixas individuais de recollida que se repartiron entre o alumnado dos centros participantes na campaña.

A pesar dos contratempos derivados da suspensión da actividade lectiva por mor da crise sanitaria, foi posible resolver o certame de fotografía artística ao realizarse a fase final de xeito totalmente on line.

O concurso PilabotPilabot é unha campaña de concienciación sobre a importancia da recollida de pilas na que participan 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia. Os colexios inscritos compiten entre si para acadar as mellores cifras de recollida de pilas de Galicia. Así, os alumnos e os centros escolares que consigan recuperar a maior cantidade destes residuos serán os gañadores. En total, repartiranse 7.500 euros divididos en catro premios e dúas categorías, que deberán destinarse á compra de material escolar e deportivo ou a organizar actividades educativas. A presente edición viuse afectada polo estado de alarma, e continuará a comezos do vindeiro curso escolar 2020/2021.

Balance da anterior ediciónA campaña Pilabot púxose en marcha por primeira vez o curso pasado (2018/2019) co obxectivo de fomentar a reciclaxe de pilas entre a comunidade escolar e as familias do alumnado, ao tempo que se lles facilita información e recursos didácticos para promover actitudes positivas que preveñan os problemas de contaminación derivados dunha posible mala xestión.

A campaña inclúe, ademais do concurso de recollida de pilas e do certame fotográfico, a realización de charlas divulgativas en 50 centros seleccionados previamente mediante sorteo para concienciar ao alumnado sobre a importancia da correcta separación deste tipo de residuos e o seu depósito nos contedores específicos. De feito, o pasado mes de febreiro completáronse as últimas charlas dirixidas aos escolares.

O reto da presente edición do concurso é superar os bos resultados acadados durante o curso 2018/2019, no que se recolleron, entre todos os centros participantes, preto de 44 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, unhas cifras que representan case a quinta parte das 230,5 toneladas que se recompilaron o ano pasado no conxunto da comunidade autónoma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre