Inicio Galicia Ourense Turismo de Galicia recupera a ruta dos lagares rupestres de Oímbra como...

Turismo de Galicia recupera a ruta dos lagares rupestres de Oímbra como reclamo turístico do interior de Ourense

0

 Esta rehabilitación é froito dun convenio con este concello ourensán no que a Xunta achega preto de 145.000 euros e que supón a posta en valor deste itinerario

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, acompañadas da alcaldesa de Oímbra, Ana María Vilariño, visitaron o resultado da restauración dunha singular adega-lagar dedicada á produción de viño e que supón a posta en valor como reclamo turístico da ruta dos lagares rupestres deste concello, onde se atopan os lagares de pedra máis antigos documentados na nosa Comunidade.

Como explicou Nava Castro durante a visita, estes traballos foron posibles grazas a un convenio de colaboración asinado entre ambas institucións mediante os que o Goberno autonómico achegou preto de 145.000 euros para garantir a conservación dos lagares e tamén se executaron melloras na parcela cunha plantación de viñas e árbores. Estas actuacións facilitarán, ademais, que na adega se leven a cabo exposicións, catas e outros eventos para fomentar a súa difusión e a súa adecuada interpretación.“Con estas accións poñemos en valor o gran potencial do interior de Ourense no eido do enoturismo e do patrimonio cultural e, ademais, avanzamos nos nosos obxectivos para impulsar o uso turístico do patrimonio etnográfico”, subliñou a directora de Turismo, quen puxo como exemplo da tradición vitivinícola galega á ruta dos lagares rupestres de Oímbra, incluída na Denominación de Orixe de Monterrei.

Un 10% máis de turistas en OurenseNeste sentido, recordou a importancia que o enoturismo ocupa na folla de ruta do turismo galego, a Estratexia de turismo de Galicia 2020, onde se lle dedica un dos dez produtos cabeceira de marca e tamén experiencias como os Trens turísticos de Galicia, con seis das 12 rutas deste ano dedicadas á visita ás zonas vitivinícolas galegas. Recordou, ademais, o liderado de Galicia no eido do enoturismo, xa que Galicia conta con preto preto da metade das adegas certificadas con Q de Calidade Turística de toda España.

Coa recuperación deste lagar e posta en valor deste itinerario, Turismo de Galicia contribúe a desestacionalizar e diversificar a oferta por gran parte do territorio galego. Son dous dos principais obxectivos do modelo turístico da Comunidade e que o enoturismo axuda a cumprir, como así tamén o amosan os datos. De feito, a provincia de Ourense foi a que presentou un mellor comportamento no eido turístico no primeiro cuadrimestre do ano, ao captar un 10% máis de turistas que fixeron un 4,6% máis de noites.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre