Inicio Galicia Turismo de Galicia colabora coa Catedral de Santiago na ordenación das visitas...

Turismo de Galicia colabora coa Catedral de Santiago na ordenación das visitas ao Pórtico da Gloria que comezan o venres 27

0

A Xunta fará posible que a Catedral dispoña dun equipo permanente de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura para regular os fluxos de visitantes


A directora de Turismo, Nava Castro, asinou hoxe un convenio coa Catedral de Santiago a través do cal a Xunta de Galicia colaborará na primeira fase do plan de ordenación de visitas ao Pórtico da Gloria deseñado polo Cabido da Catedral de Santiago e que dará comezo o vindeiro venres 27 de xullo e se estenderá ata finais de setembro. Ao abeiro deste acordo, Turismo de Galicia fará posible que se dispoña dun equipo permanente de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura que se encargará de regular os fluxos de visitantes.

No acto -que contou coa presenza do deán, Segundo Pérez, e do director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo- Nava Castro enmarcou esta contribución no constante traballo do Goberno galego por garantir un modelo turístico responsable que protexa, poña en valor e comparta os seus recursos cos cidadáns chegados doutras comunidades e países. Como dixo, pola súa fraxilidade, o coñecemento de recursos como o Pórtico da Gloria precisa do “compromiso social e institucional para garantir a súa completa salvagarda, boa xestión e óptima conservación”, algo que ao que aspira o convenio asinado hoxe.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Ao abeiro da colaboración entre Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago, instalarase un punto de control na praza do Obradoiro, aos pés da escalinata barroca da basílica compostelana, onde se situarán dous vixiantes de seguridade, que só permitirán a subida ao grupo de visita e ao que quedará en espera. Neste punto farase entrega dun folleto informativo sobre o Pórtico da Gloria, dispoñible en galego, castelán e inglés.

Amplo horario de luns a domingoO seguinte punto de control estará na zona superior da escalinata, onde estarán situados outros dous vixiantes de seguridade que facilitarán o acceso ao interior por unha das portas laterais, mentres a outra quedará reservada para a saída. Finalmente, os outros dous vixiantes de seguridade atoparanse no interior, na zona de visita ao Pórtico da Gloria, que estará separada do resto da Catedral. O persoal de seguridade controlará que se respecte esa barreira de separación e explicará ao público como proceder para facer o percorrido.

Nesta primeira fase das visitas ao Pórtico da Gloria deseñadas pola Catedral de Santiago, poderán acceder grupos de 25 persoas como máximo. O acceso, que será a través do primeiro punto de control na escalinata, que ofrecerá a oportunidade de volver empregar o espazo monumental e a súa terraza superior, redescubrindo a ampla perspectiva sobre a praza do Obradoiro.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Os grupos entrarán de balde e por rigorosa orde de chegada cun amplo horario de luns a domingo desde as 8,00 horas ata as 22,00 horas, tendo en conta que o último acceso será ás 21,45 horas. O tempo de visita será como máximo 15 minutos. Para grupos de persoas con discapacidade, a Catedral de Santiago facilitará percorridos alternativos.  


- Te recomendamos -