Inicio Galicia Tres empresas de Ferrolterra beneficiaranse de máis de 111.000 euros das axudas...

Tres empresas de Ferrolterra beneficiaranse de máis de 111.000 euros das axudas de transformación de produtos agroalimentarios

0

Rodeiro destacou que estas achegas permiten ás empresas medrar e aumentar a súa capacidade produtiva para ser máis competitivas


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas da Consellería de Medio Rural para a comarca de Ferrolterra para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Este tipo de axudas consisten en subvencións a fondo perdido para realizar investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas na comunidade destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Neste senso, Ovidio Rodeiro destacou “o importante deste tipo de achegas é que van encamiñadas a facer que as nosas empresas do rural amplíen a súa capacidade produtiva e sexan moito máis competitivas”. O delegado territorial puntualizou que “estas axudas son unha gran oportunidade para que as nosas empresas poidan seguir medrando e mellorando as súas instalacións, unha peza clave para garantir o seu futuro”.

O delegado territorial informou que no 2019 se beneficiaron destas axudas 27 empresas de toda a provincia da Coruña e recibiron achegas por valor de 8,7M€.

Na comarca de Ferrolterra foron 3 as empresas beneficiadas por estas axudas nos concellos de As Pontes de García Rodríguez e San Sadurniño, recibiron 111.000 euros e mobilizaron máis de 383.000 euros. Por áreas, nesta comarca os tres proxectos apoiados pola Xunta de Galicia pertencen ao sector da alimentación humana.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre