Inicio Galicia Tres de cada catro empresarios do sector turístico galego prevé mellorar os...

Tres de cada catro empresarios do sector turístico galego prevé mellorar os seus resultados empresariais en outono

0

As súas expectativas superan amplamente a media española, que se sitúa nun 56%, e o índice de confianza sitúase nun 7,9% positivo fronte ao -3,8% estatal

O último informe de Exceltur sobre Perspectivas turísticas e balance empresarial do terceiro trimestre de 2019 indica que o tres de cada catro empresarios do sector turístico galego esperan aumentar ou manter os seus beneficios no cuarto trimestre do ano, coincidindo coa tempada media-baixa outonal.

As previsións de melloría son xeneralizadas na meirande parte das autonomías, aínda que as expectativas do sector galego superan amplamente a media española, que se sitúa nun 56%. De feito, Galicia é a sétima Comunidade con mellores expectativas, segundo Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, que representa a relevantes empresas do sector.

O informe reflicte que Galicia apenas nota o efecto da quebra do touroperador británico Thomas Cook ou a incerteza internacional derivada do Brexit, que si teñen unha gran repercusión en territorios como Baleares ou Canarias. Do mesmo xeito, o Índice de Confianza Turístico Empresarial no Sector Aloxamento (ICTUR) sitúase na nosa Comunidade en positivo, no 7,9% fronte ao valor negativo -3,8% rexistrado a nivel estatal.

Balance do veránO informe de Exceltur recolle ademais a valoración dos empresarios turísticos sobre o terceiro trimestre do ano, correspondente aos meses do verán. Neste período, o sector da Comunidade percibiu un aumento xeneralizado dos principais indicadores analizados. En concreto, segundo esta enquisa, medrou o mantívose o emprego no 94,9% dos casos, os beneficios no 77%, as ventas no 76,2%, as reservas no 75,2% e os prezos no 73,5%.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre