Inicio Galicia Trenor supervisa as obras de dragaxe do Porto de Laxe e confirma...

Trenor supervisa as obras de dragaxe do Porto de Laxe e confirma a finalización das obras de drenaxe de pluviais

0
image_gallery.jpg

O delegado da Xunta comprobou o avance nas obras de mellora no edificio da lonxa


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Laxe, José Luis Pérez, supervisaron os traballos de dragaxe do Porto de Laxe e confirmou que as obras avanzan ao ritmo previsto e rematarán o ano que vén. O avance nas obras dependerá en gran medida da climatoloxía.

O delegado da Xunta lembrou que desde o último trimestre do pasado ano, Portos de Galicia ten en marcha no peirao de Laxe a obra de dragaxe, consistente na extracción de áridos e rocha do fondo mariño para a recuperación de calado no porto. Esta é unha demanda histórica do Concello porque esta actuación permitirá mellorar a operatividade e a seguridade do peirao.

A dragaxe estase a realizar principalmente á cota -5, excepto nunha franxa próxima ao peirao da lonxa que se está a realizar á cota -3. O ente público está investindo máis de 3 millóns de euros.

Mellora na lonxaO representante do Goberno autonómico tamén supervisou as obras de mellora do edificio da lonxa nos que Portos de Galicia inviste 25.000 euros e está previsto que rematen a principios do ano 2021.

Os traballos consisten nunha pequena ampliación do edificio coa fin de habilitar unha nova zona de lavadoiro de caixas de peixe. Con esta actuación, a antiga zona de lavadoiro pasará a ser destinada a un novo viveiro.

Esta obra dará resposta as necesidade prantexadas polo sector a Portos de Galicia e mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar.

Drenaxe pluviaisTrenor tamén aproveitou a visita para comprobar o resultado final das obras de drenaxe de pluviais no propio peirao que contaron cun investimento de 28.000 euros e permitiron minimizar os asolagamentos que se producen na calzada por mor das choivas abundantes.

O ente público centrou estes traballos na canalización e drenaxe das augas que habitualmente se acumulan tralas precipitacións na zona situada entre o paseo marítimo e a Igrexa de Santa María de Atalaia. Esta obra inclúe a construción de dous novos pozos e unha canle de alivio pola escolleira.

Finalmente, a actuación incluíu tamén a construción dun murete de protección na zona e a recolocación da escolleira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre