Inicio Galicia Trenor pon en valor o proxecto de fábrica intelixente que a Xunta...

Trenor pon en valor o proxecto de fábrica intelixente que a Xunta apoia en Congalsa durante a súa visita ás instalacións da empresa

0
image_gallery.jpg

Xunto con Gradiant, no marco deste programa, está a desenvolver un proxecto para converter as súas instalacións nunha fábrica máis flexible, automatizada e con tecnoloxías que permitan obter datos en tempo real


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá as instalacións de Congalsa na Pobra do Caramiñal. Á súa chegada, Gonzalo Trenor foi recibido polo director xeral da compañía, Luís Miguel Simarro, e pola directora de Relacións Externas, Isabel Canas.

Durante a visita, Gonzalo Trenor puido coñecer detalles do proxecto de fábrica intelixente da empresa, denominado Congals4.0., que está actualmente en execución e que ten prevista a súa finalización para o ano 2022.

O representante do Goberno autonómico destacou que, xunto con Gradiant, no marco deste programa Congalsa está a desenvolver un proxecto para converter as súas instalacións nunha fábrica máis flexible, automatizada e con tecnoloxías que permitan obter datos en tempo real. Conta cun orzamento de 4,9 millóns de euros e cun apoio de 2,3 millóns de euros, nel traballan 19 profesionais; tres dos cales, son de nova contratación por parte de Congalsa.

Congalsa foi unha das empresas seleccionadas pola Xunta de Galicia no marco da terceira edición do Programa Fábrica Intelixente, cuxo obxectivo é favorecer o avance do tecido industrial galego cara a un modelo 4.0.

A compañía desenvolve o seu proxecto en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), ao amparo dunha convocatoria impulsada por GAIN, axencia dependente de Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, e cofinanciada con cargo a fondos europeos FEDER.

Sobre CongalsaCongalsa é unha das empresas de alimentación líderes do mercado. A compañía, especializada na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados, pechou 2019 cunha facturación de 83 millóns de euros e mobilizou un total de 24,5 millóns de toneladas de produtos nas súas diferentes gamas. Con presenza en 35 países, recentemente formalizou a adquisición da compañía lusa Sulpasteis para fortalecer a súa expansión internacional.

Trátase, dixo, dunha das empresas do sector galego da alimentación que mellor exemplifica como a transformación dixital se ten convertido nunha necesidade e, á vez, nunha oportunidade para a mellora de procesos.

O delegado subliñou que a través da innovación esta empresa trata de achegar valor engadido aos seus produtos para estar á vangarda. E lembrou que a Xunta colabora noutros programas como a aceleradora BBFood, as Unidades Formativas ou en programas de internacionalización.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre