Inicio Galicia Trenor destaca que Medio Rural investiu máis de 1,8 millóns na concentración...

Trenor destaca que Medio Rural investiu máis de 1,8 millóns na concentración parcelaria de Vilantime-Visantoña nos concellos de Arzúa e Santiso

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial visitou o novo punto de recollida de auga no concello de Santiso que contou cunha achega da Xunta de 33.000 euros


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou as obras dos camiños principais da concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime-Visantoña nos concellos de Arzúa e Santiso, que neste momento atópase na última fase de colocación de marcos para proceder á toma de posesión das fincas.

En concreto, o representante do Goberno autonómico destacou que esta concentración afecta a 407 propietarios e a 4.025 parcelas, quedando ao final 829 novas fincas. O investimento total desta actuación por parte da Consellería do Medio Rural nesta área é de 1,8 millóns de euros. Trenor recalcou que a extensión de novos camiños foi de 26,66 quilómetros.

O delegado territorial destacou a importancia económica que supón a reestruturación parcelaria. De feito, insistiu en que “o obxectivo último do graninvestimento que a Xunta de Galicia está a realizar nesta zona radica en sacar rendibilidade aos terreos a través de novas explotacións que eviten o abandono da terra e a racionalización da produción”. Trenor informou de que, unha vez finalizado este proceso en marcha, a porcentaxe das propiedades concentradas no concello de Arzúa e Santiso será do 62% do territorio.

O delegado da Xunta tamén se referiu a outro investimento da Consellería do Medio Rural de máis de 33.000 euros para a colocación dun punto de auga en Santiso, sito na parroquia de Arcediago, lugar de Xoaine. Estas obras consistiron na construción dun tanque de formigón armado con capacidade de 192 metros cúbicos, en dimensións 8x8x3 metros.

Esta infraestrutura permitirá a carga de auga a helicópteros e a motobombas. Conta así mesmo con rampla de anfibios para saída de animais e peche perimetral. Trenor destacou que “este tipo de puntos de recollida de auga son moi útiles tanto para o uso por parte dos gandeiros como na época de incendios”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre