Inicio Galicia Trenor destaca o excelente resultado da rehabilitación das seis vivendas de mestres...

Trenor destaca o excelente resultado da rehabilitación das seis vivendas de mestres de Cabana de Bergantiños que en breve estarán a disposición de familias con poucos recursos

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial da Xunta puxo en valor este tipo de actuacións que permiten que entidades locais con menor poder adquisitivo poidan acometer actuacións desta envergadura


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, comprobaron o excelente resultado das obras de rehabilitación das antigas vivendas de mestres que serán entregadas en réxime de aluguer a persoas con poucos recursos e que contaron cun orzamento de 200.000 euros.

Trenor apuntou que “estas vivendas adxudicaranse en breve en réxime de aluguer con condicións vantaxosas a unidades de convivencia que non superen o IPREM para garantir que as axudas públicas redunden en quen máis as necesita”. Para a concesión da axuda de rehabilitación foi necesario que o concello tivera veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de Galicia, sendo o concello o que determinará os adxudicatarios que cumpran os requisitos establecidos”. Neste momento o Goberno local está traballando na elaboración das bases para poñer a disposición dos seus futuros usuarios as vivendas canto antes.

O representante do goberno autonómico “puxo en valor a importancia desta liña de axudas para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal xa que permite que as entidades locais, con menor poder adquisitivo, poidan acometer actuacións desta envergadura”.

O obxectivo da Xunta, engadiu, pasa por fomentar a creación dun parque de vivenda pública en aluguer municipal para que, incluso aqueles concellos con menos recursos e orzamento, poidan ofrecer aos seus veciños inmobles axeitados para convertelos no seu fogar.

Trenor tamén enmarcou estes esforzos por axudar ás entidades locais a financiar a recuperación de vivendas de titularidade municipal no espírito da nova Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana.

Así, lembrou que o obxectivo básico desta norma é loitar contra o abandono e o desuso do patrimonio xa construído, ofrecendo as ferramentas máis axeitadas para potenciar a súa rehabilitación pola vía da simplificación administrativaO delegado da Xunta lembrou que grazas ás catro convocatorias do programa de vivendas de mestres, concedéronse 4,3 millóns de euros que servirán para poñer a disposición dos galegos e das galegas 125 vivendas en réxime de alugueiro nunhas condicións ventaxosas.

Trenor recalcou que este é bo exemplo da aposta do Goberno galego pola rehabilitación e recuperación do xa construído para revitalizar as áreas rurais e urbanas e preservar así a nosa identidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre