Inicio Galicia Trenor destaca a mellora na seguridade do tránsito peonil de veciños e...

Trenor destaca a mellora na seguridade do tránsito peonil de veciños e peregrinos coa instalación da nova pasarela no pontón do rego Abeledo, en Sobrado neste treito da AC-934

0
image_gallery.jpg

A actuación complementa as obras que están a executarse entre o límite da provincia e o cruce de Abeleiras para o reforzo da seguridade viaria da estrada, cun investimento de máis de 1,6 M€


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Concello de Sobrado para comprobar os remates da instalación da nova pasarela adxacente ao pontón do rego Abeledo. O representante do Goberno autonómico destacou que “esta actuación ten como obxectivo garantir un tránsito peonil máis seguro para veciños e peregrinos neste treito da estrada AC-934”.

Esta obra contou cunha achega da Xunta de preto de 48.000 euros e tiveron un prazo de execución de arredor de tres meses. Esta pasarela permitirá dar continuidade á senda peonil en en execución evitando deste modo que os peóns invadan a estrada.

A nova intervención complementa as obras de reforma que están a executarse nesta estrada autonómica, entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras, para o reforzo da seguridade viaria de condutores, veciños e peregrinos que percorren este tramo da vía coincidente co Camiño de Santiago do Norte.

Estas obras, cun investimento de 1,6 millóns de euros, céntranse no acondicionamento dun tramo da AC-934 de 4,5 quilómetros. Os traballos inclúen o ensanche da estrada actual, así como a execución dunha senda que eliminará a conxuntura actual na que o tráfico peonil discorre pola calzada, maioritariamente de peregrinos cara a Santiago.

Con este novo contrato, o departamento de Infraestruturas da Xunta amplía a actuación no punto quilométrico 15+050, a través da construción dunha pasarela de madeira de 8 metros de longo, adxacente ao pontón sobre o rego Abeledo.

A actuación inclúe os traballos de roza e preparación do terreo, a construción de senda peonil coas mesmas características que a definida na obra en execución ata os estribos abertos da nova pasarela, así como a remodelación dos sistemas de drenaxe para adaptalos á nova pasarela. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre