Inicio Galicia Trenor aposta por protexer e dar a coñecer o esteiro do Anllóns...

Trenor aposta por protexer e dar a coñecer o esteiro do Anllóns para convertelo nun referente turístico de calidade

0

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no foro de desenvolvemento rural no entorno do Esteiro do Anllóns, organizado pola Fundación Eduardo Pondal, La Voz de Galicia e a Fundación Juana de Vega.

O representante do Goberno autonómico destacou que o río Anllóns e, máis en concreto a o seu esteiro, forma un espazo natural dunha gran riqueza, na que sobresaen o seu valor paisaxístico e a súa riqueza ornitolóxica. Neste senso destacou que “o esteiro, como Doñana, ten moitas posibilidades de converterse nun referente turístico de calidade, pero o primeiro que debemos facer é protexelo e dalo a coñecer e foros coma estes contribúen a facelo posible”.

O delegado territorial puxo en valor o traballo dos organizadores porque levan levan anos traballando dende os seus respectivos ambitos a prol da cultura, da difusión e do coñocemento dos valores da nosa terra, de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre