Inicio Galicia Trenor anuncia a adxudicación da restauración da igrexa de San Xurxo de...

Trenor anuncia a adxudicación da restauración da igrexa de San Xurxo de Torres en Vilarmaior por un importe de máis de 88.000 ?

0
image_gallery.jpg

A intervención centrarase en realizar melloras estruturais e na renovación de toda a cuberta porque se atopa en moi mal estado


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez visitaron esta mañá a igrexa de San Xurxo de Torres para anunciar a adxudicación das obras de restauración deste centro eclesiástico por un importe de máis de 88.000 euros.

Trenor explicou que “esta actuación permitirá a mellora estrutural deste ben catalogado e que se enmarca na colaboración que a Consellería de Educación y Cultura mantén coa Diocese de Santiago de Compostela para a conservación de varios inmobles eclesiásticos”.

O delegado de Xunta apuntou que “unha vez adxudicadas as obras terán unha duración máxima de dous meses e con elas solucionaranse algúns problemas que o templo mostra na actualidade especialmente na súa estrutura e permitirá impulsar o seu valor patrimonial e cultural”O estado actual da Igrexa de San Xurxo de Torres aconsella a execución duns traballos que actúen sobre as gretas e desprazamentos na zona sur do arco toral e na zona este de o muro sur así como sobre os problemas de illamento e filtracións na cuberta.

Neste sentido, o contrato resolverá estas necesidades con varias actuacións que incluirán a revisión da dimensión real das gretas no arco toral e cosido mediante baleas de aceiro inoxidable, revisión do muro sur e execución dunha drenaxe perimetral e cubrición da súa cimentación. Tamén se realizarán probas geotécnicas para o reforzo do terreo, así como a substitución da estrutura por unha solución similar empregando materiais de madeira de castiñeiro, entre outras accións.

Compromiso co PatrimonioDo mesmo xeito, prevese o cambio do falso teito e tamén da cuberta existente, neste caso por unha solución de tella curva ou equivalente sobre placas de fibrocemento. O proxecto inclúe a disposición dunha drenaxe perimetral que recolla as augas da cuberta. Ben catalogado Situada nunha contorna rural, a Igrexa de San Xurxo de Torres de Vilarmaior é un ben catalogado situado ás portas do camposanto, rodeada por un murete perimetral. Trátase dun templo de planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio rectangular, á que se lle engadiu no seu muro setentrional a sancristía.

O interior do edificio é de gran sobriedade do que cabe destacar un sinxelo retablo no altar maior. Coa posta en marcha destas actuacións, a Xunta de Galicia continúa profundando no seu compromiso por garantir a conservación e protección dos bens de interese patrimonial que favorezan, ademais, a súa promoción e divulgación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre