Inicio Galicia Trece proxectos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibiron máis de 681.000...

Trece proxectos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibiron máis de 681.000 euros do programa Leader 2018-2019 para crear emprego e dotar de servizos ao rural

0

Ovidio Rodeiro visitou as instalacións de Grupo Vevey Vidrio, unha das beneficiarias destas axudas


O delegado territorial da Xunta, destacou hoxe en Cee o compromiso da Xunta de Galicia con este concello no que investiu máis de 1,9 millóns de euros a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018.

O representante do Goberno autonómico destacou que todos os municipios son prioritarios e por iso a Xunta está presente tanto a través do apoio directo aos concellos, como a través da mellora das infraestruturas públicas como apoiando á iniciativa privada.

Ovidio Rodeiro informou realizou estas declaracións durante a visita á empresa Vevey Vidrio en Cee que recibiu unha subvención Leader, a través dos GDR, de 122.000 euros que permitiu mobilizar 382.000 euros. Esta achega serviu para facer melloras nas instalacións. O proxecto consistiu na creación dunha nova nave dedicada a taller, oficina e exposición para facer máis moderna e competitiva a empresa.

O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se xestionan a través dos GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) que teñen como obxectivo financiar proxectos para fixar poboación e xerar riqueza no rural. No conxunto de Galicia, os 24 grupos de desenvolvemento rural dispuxeron dun total de 17,5 millóns de euros na convocatoria 2018-2019.

O representante do goberno destacou que neste momento na comarca de Bergantiños-Costa da Morte se están apoiando 9 proxectos do ámbito de iniciativa privada e asociativo, así como 4 promovidos desde entidades públicas, concretamente polos concellos de Camariñas, Cerceda, Corcubión e Malpica. O importe destas axudas na comarca ascende a algo máis de 681.000 euros e están mobilizando un investimento que supera os 1,9 millóns de euros.

O delegado territorial explicou que estes fondos van destinados a persoas físicas e xurídicas de carácter privado, entidades públicas de ámbito local, asociacións, entidades e comunidades de montes vecinais. As entidades encargadas de xestionar estas subvencións son os GDR e teñen como obxectivo os proxectos non produtivos dotar de servizos e equipamentos aos concellos que permitan mellorar a calidade de vida no rural e fixar poboación e os produtivos diversificar económicamente e modernizar a producción e animar a creación de emprego no medio rural. As axudas nesta comarca son xestionadas pola Asociación de Desarrollo Local DELOA e pola e polo GDR Costa da Morte no caso concreto de Carnota.

O pasado mes de decembro abriuse a nova convocatoria cun orzamento das axudas superior aos 16,5 millóns de euros en dúas anualidades (6,6 millóns para 2019 e 9,9 para 2020); están cofinanciadas nun 75% polo Feader, nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta. O crédito está xa previamente distribuído entre os grupos de desenvolvemento rural seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Aínda que o prazo de presentación de solicitudes é permanente durante todo o período de execución do Leader, concorrerán a esta convocatoria aquelas presentadas ata o 31 de marzo de 2019.

Concello CeeO representante do Goberno autonómico tamén se referiu ao importante esforzo inversor da Consellería de Medio Rural no concello de Cee que ascendeu a 380.000 euros que permitiron chegar a 65 beneficiarios dos distintos plans de axuda como a PAC, o Leader ou axudas para accións silvícolas. Ademais destináronse máis de 42.000 euros ao Plan de Mellora de Camiños Municipais.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén realizou un maior esforzo inversor neste municipio no 2018, chegando a un investimento total de máis de 390.000 euros nos distintos programas de formación e fomento do emprego.

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 320.000 euros. Estes fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén destinou 36.000 euros a través do seu programa de apoio aos CIM.

Igualmente Ovidio Rodeiro resaltou o apoio ás políticas sociais coas achegas de axuda a domicilio e de RISGA de máis de 273.000 euros que beneficiaron a 54 usuarios.

Por último, fixo referencia ao apoio da Consellería do Mar para plans a confradías e particulares a través do Fondo Europeo Marítimo que deixaron neste concello máis de 212.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre