Inicio Galicia Tramitadas máis de 2.700 licencias, tras retomarse esta semana a pesca fluvial...

Tramitadas máis de 2.700 licencias, tras retomarse esta semana a pesca fluvial como actividade física individual ao aire libre

0

Dende o pasado luns abonáronse as taxas correspondentes para a renovación das licencias de pesca, a través das entidades bancarias colaboradoras, dos medios telemáticos e das Xefaturas provinciais da Consellería de Medio Ambiente


Santiago de Compostela, 8 de maio de 2020.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda constata a renovación de máis de 2.700 licencias de pesca ao longo deste semana, despois de que se permitira a realización de actividades individuais ao aire libre, entre as que se atopa a pesca deportiva nos máis de 14.000 km de ríos pescables e nos 1.500 km de costa existentes en Galicia.

Cómo lembrar que para a renovación das licencias é necesario aboar as taxas correspondentes, que os pescadores poden realizar a través das entidades bancarias colaboradoras, por medio telemáticos ou nas Xefaturas provinciais da Consellería de Medio Ambiente.

Esta mesma semana, o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria acordou dar por retomada a actividade da pesca fluvial, respectando todas as medidas de protección individual e respectando todos os parámetros para a realización da actividade física ao aire libre, relativas ás limitacións impostas acerca dos desprazamentos e lugares permitidos, os requisitos para evitar o contaxio e as franxas horarias permitidas.

Segundo a interpretación da Xunta, a pesca fluvial está amparada na Orde de 1 de maio ao ser unha actividade deportiva exercida individualmente e ao aire libre; e non unha actividade agraria, tal e como apuntaron dende o Goberno central.

Asemade, a Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se regula a práctica do deporte profesional e federado non exclúe á pesca fluvial como deporte federado, e permite expresamente os deportes federados que se desenvolvan nos ríos e encoros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre