Inicio Galicia Trala aparición dun abrocho nun centro sanitario de Vigo, activouse o protocolo...

Trala aparición dun abrocho nun centro sanitario de Vigo, activouse o protocolo de actuación ante a sarna

0

A dirección do centro afectado está a realizar as medidas contempladas no protocolo para avaliar e controlar a evolución da situación

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia tivo coñecemento da aplicación das medidas contempladas no seu Protocolo de actuación en institucións con coidadores”, ante a aparición dun abrocho de escabiose ou sarna nun centro sanitario de Vigo en pasadas datas.

Entre estas medidas está a detección de novos casos que poideran xurdir no centro e o seu tratamento mediante a aplicación dunha crema en, polo menos, dous ciclos separados por unha semana.

Ademais, dito protocolo contempla o tratamento preventivo de usuarios e traballadores do centro. Este tratamento preventivo deben realizalo as persoas o mesmo día, e debería coincidir co momento no tempo en que cada caso reciba o segundo ciclo do seu tratamento, para que o control da potencial transmisión da enfermidade sexa efectiva.

Información sobre a escabioseA Consellería de Sanidade lembra que a escabiose é unha enfermidade do pel, producida polo ácaro Sarcoptes scabiei (variedade hominis). A súa clínica máis habitual caracterízase, sobre todo, por un intenso prurito nocturno, causado polo aumento da actividade do ácaro ao aumentar o calor corporal. As lesións máis frecuentes son pápulas, vesículas e/ou sucos lineais diminutos, que nos anciáns poden pasar desapercibidas.

A enfermidade transmítese polo contacto directo pel con pel. Este contacto debe ser prolongado e sostido, polo menos 10 minutos. Tamén pode transmitirse a través da roupa de vestir, roupa de cama, toallas, etc, pero é infrecuente.

Comunicación e seguemento de Sanidade co centroA Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, mantén comunicación co centro sanitario de Vigo para facer un seguimento da evolución desta incidencia puntual.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre