Inicio Galicia Todos os centros educativos de Ourense terán persoal sanitario de referencia e...

Todos os centros educativos de Ourense terán persoal sanitario de referencia e recibirán formación centro a centro

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial da Xunta e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras participaron nas xornadas informativas dirixidas aos equipos directivos e coordinadores covid


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, participaron hoxe en Ourense na sesión de presentación aos equipos directivos e responsables dos centros educativos da provincia do proxecto de reforzo educativo en materia de prevención fronte á covid-19. Esta sesión informativa celebrouse onte no Barco de Valdeorras e se repetirá mañá en Verín.

O novo representante do Goberno galego na provincia ourensá transmitiu o seu agradecemento ao colectivo sanitario que será o encargado de formar aos equipos directivos e covid de cada centro. Gabriel Alén, ademais, indicou que este acto tiña un significado especial pola súa condición de mestre e quixo recoñecer o labor dos docentes, e en especial aos equipos directivos que foron quen de adaptar os protocolos acordados polas autoridades sanitarias ás características de cada centro. “Dende a Xunta recoñecemos o esforzo dos docentes e agradecemos a súa implicación para que a educación dos nosos rapaces se desenvolva con normalidade e coa máxima seguridade”, asegurou.

Esta Área Sanitaria conta coa vantaxe de contar xa cun programa específico de educación sanitaria escolar Pupas, Sustos e Outros Desgustos, con dous anos de traballo e cooperación coa comunidade educativa, que se vén de implementar con formación específica de prevención e manexo covid para dar soporte aos docentes e colaborar na educación para a saúde e a prevención do alumnado durante a pandemia.

Contacto directo e visitas centro a centroA súa chegada á sesión informativa os representantes dos centros recibiron unha carta cos datos de contacto e coa data da visita ao seu colexio do equipo de formadores covid do Sergas, no que se integran persoal de enfermería, técnicos de emerxencias e alumnos de ciencias da saúde, todos eles voluntarios e que levan traballando no desenvolvemento do programa Héroes fronte o Coronavirus desde o mes de maio, en colaboración coa Xefatura Territorial de Educación.

Na visita a cada centro estarán acompañados do enlace sanitario do centro de saúde de referencia de cada colexio, establecendo así un contacto persoal e próximo, xa que será o persoal dos centros de saúde os que responderán a calquera dúbida de tipo asistencial.

Asemade o equipo de coordinación pon a disposición dos centros un buzón específico de correo, no que se dará resposta rápida a calquera dúbida de organización de circuítos, prevención, protocolos de hixiene respiratoria, etc..

Por medio do intenso traballo dos últimos meses o grupo de educación para a saúde Pupas, Sustos e Outros Desgustos, ten deseñado un programa de intervención nos centros, con material didáctico gráfico e audiovisual de apoio, de utilidade aos docentes no traballo co alumnado, co obxectivo de manter viva e actualizada esta materia de xeito transversal aos programas de cada nivel educativo.

O programa Heroes contra o Coronavirus ten por obxectivo achegar, a todos os alumnos, alumnas e docentes dos centros educativos da provincia, información a este respecto, e facelo de forma dinámica, amena e participativa, en función dos distintos niveis educativos, infantil, primaria, etc.

Para poder chegar á maior parte de centros, no menor tempo posible, empregarán a metodoloxía de “formación concéntrica”, con aulas “piloto” de cada nivel educativo en cada centro, de acordo coa proposta de cada colexio, para que sexan posteriormente esas aulas as que expandan a formación ao conxunto, sempre coa apoio do equipo formador, aberto a novas visitas ou intervencións a demanda dos centros.

O obxectivo central do programa deseñado en Ourense para a comunidade educativa, é motivar e empoderar aos nenos e nenas, facendoos responsables do seu autocoidado sempre dun xeito práctico, ameno e participativo. Para elo están deseñados obradoiros diferenciados para Infantil; Primaria; ESO, Bacharelato-FP e para o profesorado.

Logo da exposición do programa por parte de Verónica Civeira e Josefa Araujo, da Subdirección de Enfermería de Atención Primaria, as xefas territoriais de Sanidade, Laura López del Castillo, e de Cultura, Educación e Universidade, Luz Fernández, responderon as distintas dúbidas dos participantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre