Inicio Galicia Técnicos de Augas de Galicia constatan a eliminación dun punto de vertido...

Técnicos de Augas de Galicia constatan a eliminación dun punto de vertido de augas residuais no concello de Mazaricos

0

A orixe da contaminación estaba nunha vivenda unifamiliar desde a que se producían filtracións ao dominio público procedentes dun fregadoiro

O labor inspector de Augas de Galicia permitiu identificar e emendar un punto de vertido de augas residuais localizado nunha vivenda en San Cristovo-Santa María de Coiro, no Concello de Mazaricos (A Coruña).

A eliminación deste foco foi posible grazas ao labor inspector do organismo de conca, que no transcurso dunha inspección no municipio detectou que se estaban a producir infiltracións de augas domésticas no terreo a través dunha vía pública. Unha vez que os técnicos localizaron que a orixe do vertido era o fregadoiro dunha vivenda unifamiliar, puxéronse en contacto co propietario para darlle un prazo de tempo para emendar a situación.

Nunha nova inspección xirada á zona este mes, constatouse que o foco de contaminación ao dominio público fora xa emendado ao reconducir o vertido cara á fosa séptica que recibe o resto de augas residuais da vivenda.

Cómpre lembrar que o foco emendado en Mazaricos detectouse no marco do Plan de control de vertidos ao dominio público hidráulico, unha ferramenta esencial para acadar a máxima calidade das augas na Demarcación Galicia-Costa e detectar e corrixir puntos sensibles localizados nas redes municipais de saneamento.  

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

- Te recomendamos -